Wednesday 15 de May de 2024

Obradoiro de olería creativa infantil nas Torres de Santa Cruz


O Concello organiza un obradoiro de olería creativa dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos no alfar das Torres de Santa Cruz os días 23 de setembro e 7 de outubro. Serán dúas xornadas para coñecer o barro, o oficio oleiro, o museo, o léxico… e gozar en familia dun obradoiro no que crear un ourizo para colocar os lapis de cores.
A actividade é gratuíta, mais hai que reservar praza inscribíndose a través da web municipal.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/787052